Inicio - Unión Europea - Internacional - Información e programas europeos - Política europea da peme - Marco - 7º Programa Marco de investigación e desenvolvemento tecnolóxico 2007 - 2013 (7PM)
O Sétimo Programa Marco (7PM) agrupa todas as iniciativas comunitarias relativas á investigación baixo un mesmo teito e desempeña un papel crucial no logro dos obxectivos de crecemento, competitividade e emprego, complementado polo novo Programa Marco para a Competividade e a Innovación (CIP), programas de educación e formación e Fondos Estruturais e de Cohesión en apoio da converxencia e a competitividade das rexións. Constitúe tamén un piar fundamental do Espazo Europeo de Investigación (EEI).
Os amplos obxectivos do 7PM agrupáronse en catro categorías: Cooperación, Ideas, Persoas e Capacidades. Para cada tipo de obxectivo hai un programa específico que se corresponde coas áreas principais da política de investigación da UE. Todos os programas específicos colaboran en promover e alentar a creación de polos europeos de excelencia (científica).
Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa Ministerio de Industria, Energía y Turismo Paseo de la Castellana, 160 - 28071 Madrid - España
$Resources:SIGUENOS
$Resources:AVISO