Inicio - Programas, subvencións e axudas - Impulso às Redes de "Business Angels"
Estas axudas teñen como finalidade contribuír ao fortalecemento e profesionalización daquelas organizacións que desenvolven servizos de intermediación entre empresas emprendedoras e potenciais investidores (“business angels”), de maneira que cun desenvolvemento máis amplo e profesionalizado dos servizos que prestan se favoreza un mellor acceso das pequenas e medianas empresas a unha modalidade nova de financiamento como é a que protagonizan os denominados “business angels”.
As axudas convocadas están abertas a aquelas entidades que teñan personalidade xurídica propia, pública ou privada, demostren un potencial certo para atraer investidores, teñan capacidade para avaliar e promover o investimento en proxectos de innovación de PEMES emprendedoras e sexan capaces de cooperar cos diferentes axentes que actúan no ámbito da creación de empresas e a innovación (axencias de desenvolvemento, parques e centros tecnolóxicos, etc.).
Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa Ministerio de Industria, Energía y Turismo Paseo de la Castellana, 160 plantas 11-12. - 28071 Madrid - España
Síguenos en: