Inicio - Emprendedores - Apoio ao Asesoramento aos emprendedores - Plan de Continuidade Empresarial

Plan de Continuidade Empresarial 

Descrición

A Dirección Xeral de Política da PEME, en colaboración co Consello Superior de Cámaras, puxo en marcha o Plan de Continuidade Empresarial.

Trátase dunha iniciativa coa que se facilita a transmisión de negocios entre empresarios solventes que desexan concluír a súa actividade e aqueles que están dispostos a darlle continuidade.

O obxectivo do plan é asegurar que perduran as pequenas empresas en perigo de desaparecer por problemas distintos aos económicos: xubilación do dono, problemas de saúde ou falecemento dun dos socios ou socio, ausencia de sucesores, etc. En España máis de 50.000 pequenas e medianas empresas familiares cesan a súa actividade cada ano por estes motivos.

O Plan de Continuidade Empresarial consta dunha plataforma web para facilitar a transmisión de empresas (www.plancontinuidadempresarial.es) con información xeral, unha base de datos de ofertas e demandas de transmisións a nivel nacional, e outras ferramentas necesarias no proceso.

A rede de centros de transmisión de empresas, cuxa misión consiste en ofrecer un servizo integral de asesoramento que abarca todas as fases da transmisión, está conformada por 40 cámaras de comercio.

Ademais disto, para que os interesados podan contar con apoio financeiro habilitouse unha liña de crédito cunha dotación de 20 millóns de euros en 2011 xestionada pola Empresa Nacional de Innovación (ENISA).

Beneficiarios

Empresarios e emprendedores interesados na venda ou na compra dunha empresa.

O proceso de transmisión establécese en cinco fases: información para as partes interesadas, sinatura dos contratos de prestación de servizos, realización do  expediente de empresa, busca activa de compradores e peche da operación.

Fases do programa

O proceso de transmisión establécese en catro fases: información para as partes interesadas, diagnóstico da viabilidade das operacións, realización do expediente de venda da empresa e busca activa de compradores e, por último, negociación e peche da operación.

 

Mapa de Centros de Apoio a Emprendedores
Subsede Electrónica da Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa
Sede do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Cevipyme
Ayudatec
Rede de Puntos de Asesoramento e Tramitación
Fondos de Titulización PEME - FTPEME

Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa
Ministerio de Industria, Energía y Turismo
Paseo de la Castellana, 160 plantas 11-12. - 28071 Madrid - España

Centro de Asesoramiento a Emprendedores

Síguenos en: twitter facebook linkedin

Logo WAI