Inicio - Creación de empresas - Contratación Pública

Guía práctica da Contratación Pública para as PEME 

 A contratación pública en España, é dicir, o que o Estado, comunidades autónomas, concellos, diputacións, empresas públicas, organismos autónomos, etc., mercan ás empresas privadas para o seu normal funcionamento, ascende aproximadamente á cifra de 130.000 millóns de euros anuais, o que supón o 13 por cento do PIB (Produto Interior Bruto) español.

Por iso faise máis necesaria que nunca a participación das PEME neste enorme volume de operacións como oportunidade non só de negocio, senón para elevar o nivel de competitividade e innovación empresarial ao servizo de toda a sociedade con melloras no custo e calidade para a Administración, que revertirán, sen dúbida, polo aforro que supón, nunha maior posibilidade de asignación de recursos á contratación, elevando con iso a viabilidade dos negocios e a posibilidade de aumentar a contratación laboral.

Esta Dirección Xeral é consciente da complexidade dos procesos de contratación pública que poden desanimar á pequena empresa a participar no que podería resultarlle un importante campo de desenvolvemento de negocio.

Esta é a razón que nos levou a realizar esta publicación, co obxecto de facilitar á PEME o acceso a este mercado fundamental da contratación pública.

Para iso abandonamos, no posible, a linguaxe administrativa cambiándoa por unha coloquial e absolutamente comprensible coa que explicamos o que, o como e o cando da contratación, paso a paso, a modo de chave para que todos podan acceder, sen maior dificultade que a propia como provedor comercial, a este amplo mundo da contratación pública.

Ademais, todo o universo da contratación pública europea queda así mesmo aberto ao empresariado español de forma que entendéndoo e coñecéndoo, o sistema para España é practicamente idéntico e está armonizado cos coñecementos necesarios para participar nas licitacións públicas de todos os países da Unión Europea nos que a dimensión total da contratación é da orde de vinte veces a de España.

A guía intenta respostar a unha pregunta sinxela: que fago para vender ao sector público? Dando explicación dos pasos que hai que dar para iso e poñendo exemplos prácticos para facilitar a comprensión dos conceptos.

Guía Práctica da Contratación Pública para as PEME [ES]

Esperamos que lle sexa de utilidade.

 

Mapa de Centros de Apoio a Emprendedores
Subsede Electrónica da Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa
Sede do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo
Cevipyme
Ayudatec
Rede de Puntos de Asesoramento e Tramitación
Fondos de Titulización PEME - FTPEME

Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa
Ministerio de Industria, Energía y Turismo
Paseo de la Castellana, 160 plantas 11-12. - 28071 Madrid - España

Centro de Asesoramiento a Emprendedores

Síguenos en: twitter facebook linkedin

Logo WAI