OCDE - Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico

Dentro da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), e en concreto dentro do Comité de Industria, Innovación e Iniciativa Emprendedora (CIIE), atópase o Grupo de traballo sobre as Pequenas e Medianas Empresas e a Iniciativa Emprendedora (WPSME's).

O grupo é o responsable das actividades relacionadas coas PEME e a iniciativa emprendedora, tanto a nivel nacional como internacional.

Na actualidade estase desenvolvendo o Programa de Traballo 2007 - 2008, baseado en catro actividades:

  • PEME de alto crecemento, innovación, financiamento, creación de valor e intanxibles.
  • Estatísticas de PEME.
  • Avaliación de programas de educación da iniciativa emprendedora.
  • Acceso das PEME á internacionalización.

España, como país membro da OCDE, está representada no citado grupo a través da Dirección Xeral de Política da PEME.