Enterprise Europe Network

Enterprise Europe network constitúe un dos instrumentos principais de apoio ás Peme europeas nos seus esforzos de innovación e de competitividade. Agrupa a máis de 500 organizacións empresariais constituídas en aproximadamente 70 consorcios que cobren a totalidade do territorio da Unión Europea. A nova rede ten como obxectivos a integración dos servizos que anteriormente prestaban os EICs e os IRCs nunha única organización, maior proximidade xeográfica, incremento da calidade e profesionalidade dos servizos e simplificación dos trámites administrativos.

En concreto, Enterprise Europe network ofrece os seguintes servizos:

1.- Asistencia ás empresas para a súa internacionalización.

2.- Servizos relacionados coa Innovación de novos produtos.

3.- Acceso a proxectos e financiamento da UE

4.- Proporcionar información á Comisión Europea. A rede actuará como unha rede de dobre sentido entre as empresas e a Comisión, transmitindo información e puntos de vista en ambas as direccións.

Para máis información: Web da Enterprise Europe Network

Información da rede de consorcios españoles: http://www.enterprise-europe-network.ec.europa.eu/countries/spain_en.htm