Empresa de capital público adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Dirección Xeral de Política da Peme, cuxa actividade se centra na busca e utilización de novos instrumentos financeiros de apoio ás PEME.
Obxectivos da sociedade
En concreto, ofrece como fórmula de financiamento o Préstamo Participativo, caracterizado por:
- O tipo de interese anual varía en función da evolución da actividade da empresa prestameira.
- Rango de esixibilidade subordinado a calquera outro crédito ou obriga da prestameira, situándose despois dos acredores comúns na orde de prelación dos créditos.
- Os intereses son gasto deducible a efectos fiscais.
- Considéranse patrimonio contable a efectos de redución de capital e liquidación de sociedades previstas na lexislación mercantil.
- No suposto de amortización anticipada, débense ampliar os fondos propios no devandito importe.
Máis información