A iniciativa emprendedora é un proceso social e dinámico no que os individuos, sos ou en colaboración, identifican oportunidades para innovar e actúan transformando as ideas en actividades prácticas. No contexto de creación de empresas é unha actitude na que se reflicte a motivación e a capacidade do individuo para identificar unha oportunidade e producir un novo valor ou éxito económico. Nos últimos anos existe en Europa unha conciencia crecente da necesidade de promover iniciativas que promovan a cultura emprendedora como unha das bases fundamentais do crecemento.
A DXPEME leva a cabo accións para promover a iniciativa emprendedora en diferentes ámbitos.