En marzo de 2005, coa intención de dar un impulso ao desenvolvemento da RSE como parte esencial, como elemento estratéxico dun "novo modelo de empresa" no que se incorporen os elementos sociais e medioambientais co obxecto e funcións tradicionais das empresas, se creou o Foro de Expertos sobre Responsabilidade Social Empresarial.
O obxectivo deste Foro foi estudar, debater e propoñer medidas para fomentar as prácticas de ética social e medioambiental, dentro do marco do desenvolvemento sostible definido polas institucións da Unión Europea.
A Dirección Xeral de Política da PEME a través da Subdirección Xeral de Apoio ás PEME, formou parte do Foro de Expertos sobre esta materia creado polo Goberno e liderado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.