Inicio - Programas, subvencións e axudas - InnoEmpresa
Trátase dun programa de apoio á innovación empresarial, tanto tecnolóxica como organizativa, incluído no Programa Nacional de Proxectos de Innovación do Plan Nacional I+D+i (2008-2011). Está exclusivamente dirixido ás pequenas e medianas empresas. O programa comezou en 2007 e está xestionado en cooperación coas CC.AA. mediante proxectos rexionais pero, tamén, a través doutro tipo de proxectos, denominados suprarrexionais, nos que deben participar pemes de varias CC.AA. Estes últimos están directamente xestionados pola Dirección Xeral de Política da PEME. No ano 2011 non haberá convocatoria para estes proxectos suprarrexionais xa que por razóns de eficiencia no contexto económico-presupostario actual, os Presupostos Xerais do Estado aprobados para 2011 non prevén dotación presupostaria para este programa por parte do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (MITEC).[máis informacion]
Convocatorias rexionais do programa InnoEmpresa para 2012 xa publicadas [es]
Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa Ministerio de Industria, Energía y Turismo Paseo de la Castellana, 160 plantas 11-12. - 28071 Madrid - España
Síguenos en: