Inicio - Creación de empresas - Simplificación administrativa na área de creación de empresas - Real Decreto-Lei 13/2010, de 3 de decembro, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego (2010)

Simplificación administrativa na área da creación de empresas

Real Decreto-Lei 13/2010, de 3 de decembro, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego (2010)

Este Real Decreto [es] rebaixa para a Sociedade de Responsabilidade Limitada (SRL) o período de tempo e o custo para a súa constitución:

  1. Regula con carácter xeral o procedemento telemático de constitución da SRL.
  2. Distingue tres supostos:
    • Cando o capital social da SRL non sexa superior a 3.100 euros e se empreguen estatutos tipo. Os socios da sociedade terán que ser persoas físicas.
    • Entre 3.100 e 30.000 € será aplicable o procedemento telemático xeral establecido neste artigo. Os socios da sociedade terán que ser persoas físicas
    • Cando sexa superior a 30.000 € non son de aplicación os tempos e custos dos casos anteriores
  3. Procedemento telemático de constitución para as SRL con capital social entre 3.000 e 30.000 € (sen estatutos tipo):
    • Un día hábil (respectivamente) para a reserva da denominación social e o outorgamento da escritura
    • A cualificación e inscrición no rexistro mercantil deberase facer nun prazo máximo de 3 días hábiles.
    • A suma de aranceis notariais e rexistrais será de 250 euros (150 € notario e 100 € rexistro).
    • Exención no pago de taxas da publicación da inscrición da sociedade no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME).
  4. Procedemento para SRL con capital non superior a 3.100 euros e estatutos sociais tipo[1]:
    • O notario outorgará escritura o mesmo día en que reciba a certificación da denominación social.
    • O rexistrador mercantil procederá á cualificación e inscrición nun máximo de 7 horas hábiles
    • A suma de aranceis notariais e rexistrais será de 100 euros (60 € notario e 40 € rexistro).
    • Exención no pago de taxas da publicación da inscrición da sociedade no BORME.
  5. Capital superior a 30.000 euros, outras sociedades mercantís e determinadas configuracións dos órganos de goberno da sociedade[2]:
    • Non se fixan tempos para notarios e rexistradores, sendo de aplicación os tempos establecidos na normativa actual (15 días para a inscrición da escritura no rexistro mercantil)
    • O procedemento telemático non é obrigatorio por petición expresa dos interesados.

Establécese a exención no imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITP/AXD) na constitución de sociedades.

En concreto, os cambios recóllense nos artigos 3 (exención da constitución de sociedades no ITP/AXD) e 5 (regulación do procedemento telemático de constitución da SRL, na que se establecen os novos tempos e custos).

A seguinte táboa resume o indicado anteriormente:

TRÁMITE SOCIOS: SÓ PERSOAS FÍSICAS  
  CS1 = 3.100 € + Estatutos tipo 3.000 € < CS = 30.000 € CS > 30.000 €
Denominación social 1 día 1 día hábil Aplicaranse os tempos e custos establecidos ata agora
Outorgamento escritura 1 día hábil
Cualificación e inscrición RMP2 7 horas hábiles 3 días hábiles
Custo aranceis3 100 € (60 € Notario + 40 € Rexistrador) 250 € (150 € Notario + 100 € Rexistrador)
Taxas BORME Exentas
ITP/AXD4 Exentas

1. CS: Capital social
2. RMP: Rexistro Mercantil Provincial
3. Custo dos aranceis de notarios e rexistradores
4. ITP/AXD: Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, na modalidade de Operacións Societarias.

---------------------

[1] Regulados na Orde JUS/3185/2010, de 9 de decembro, pola que se aproban os Estatutos-tipo das sociedades de responsabilidade limitada.

[2] A constitución das sociedades mercantís de capital que non sexan de responsabilidade limitada ou que, séndoo, tivesen entre os seus socios persoas xurídicas ou un capital social superior a 30.000 euros, ou cuxo órgano de administración delimitado nos estatutos sociais non se estruture como un administrador único, varios administradores solidarios, calquera que sexa o seu número, ou dous administradores mancomunados.

Mapa de Centros de Apoio a Emprendedores
Subsede Electrónica da Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa
Sede do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo
Cevipyme
Ayudatec
Rede de Puntos de Asesoramento e Tramitación
Fondos de Titulización PEME - FTPEME
TodoEmprende

Dirección General de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa
Ministerio de Industria, Energía y Turismo
Paseo de la Castellana, 160 - 28071 Madrid - España

Centro de Asesoramiento a Emprendedores

Síguenos en: twitter facebook linkedin

Logo WAI